Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 3 DE AGOSTO DE 2019

N.º 177

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de xullo de dous mil dezanove, adoptou os seguintes acordos:
Proposta sobre réxime de retribución e indemnización ós membros da Corporación.
Logo de ver a proposta da Presidencia en relación ao réxime de retribucións e indemnizacións ós membros da Corporación, do seguinte teor:
De conformidade co disposto no número catro do art. 13 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, art. 75 da Lei 7/1985 de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, art. 225 de la Ley 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, esta Presidencia eleva ó Pleno da Corporación Provincial a seguinte proposta de acordo:

1. Presidencia: As retribucións, en cómputo anual e contía, serán de 67.562,74 euros, por considerar que as funcións do cargo así o esixen como inherentes ó mesmo ao representar á Deputación Provincial, presidir todas as Comisións, Sesións, Xuntas, Comités, etc. E que se considera tamén indispensable a súa non dedicación á calquera outra actividade remunerada.
2. Vicepresidencia:
- Dona Tareixa Antía Ferreiro tallón. A cantidade de 61.196,10 euros.
As retribucións serán en cómputo anual, por considerar que as funcións do cargo así o esixen como inherentes ó mesmo, e resultar indispensable a súa non dedicación a calquera outra actividade remunerada.
3. Deputados/as Provinciais:
Dedicación exclusiva á Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo.
Dedicación exclusiva ó Deputado Delegado da Área de Promoción Económica e Social.
Dedicación exclusiva á Deputada Delegada da Área de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas.
Dedicación parcial do 50% ó Deputado Delegado da Área de Participación Cidadá.
Dedicación parcial do 50% á Deputada Delegada da Área de Muller e Igualdade.
Dedicación parcial do 75% ó Deputado Delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos.
Dedicación exclusiva á Deputada Delegada da Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento.
Dedicación parcial do 75% ó Deputado Delegado da Área de Medio Ambiente.
Dedicación exclusiva ó Deputado Delegado da Área de Recursos Sostibles.
Dedicación exclusiva ó Deputado Delegado da Área de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica.
Dedicación exclusiva á Deputada Delegada da Área de Medio Rural e do Mar e Mocidade.
As dedicacións exclusivas poderán utilizarse ou non, e terán un importe de 53.613,14 euros. As dedicacións parciais do 75% serán de 40.209,85 € e as dedicación parciais do 50% serán de 26.806,57 euros En todo caso estes importes correspóndense cos existentes na actualidades sen incrementar as cantidades a percibir.
4. Retribucións dos membros da Corporación en réxime de dedicación exclusiva pertencentes a Grupos Políticos.
1.- Ao Grupo Provincial Popular corresponderalle o importe de tres dedicacións exclusivas e unha parcial do 50%, a repartir en dedicacións completas ou parciais segundo consideren.

Anuncio publicado en: Num BOP 177 año 2019 02/08/2019 13:38:32
03/08/2019 08:00:00

A.- Retribucións dos membros da Corporación en réxime de dedicación exclusiva:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/08/2019

Page count12

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones