Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

19

Núm. 173 martes, 30 de xullo de 2019

BOP Lugo
Ao abeiro do disposto no art. 13.6 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de novembro de 1986, relativo ás indemnizacións pola concorrencia efectiva ás sesións de órganos colexiados de que formen parte, o Concello Pleno aprobou:
a Indemnizacións por concorrencia a sesións de órganos colexiados:
Comisións informativas: 30 € por sesión.
Xunta de Goberno Local : 70 € por sesión.
Sesións de Pleno Municipal: 80 € por sesión.
Conforme o disposto no art. 75. 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril os membros da Corporación que teñan recoñecida polo Concello Pleno dedicación exclusiva ou parcial, con percepción de retribucións, non terán dereito ó cobro das indemnizacións referenciadas.
Igualmente conforme ao disposto na Base de Execución do orzamento municipal 51, letra C, cando teña lugar a asistencia a máis de unha sesión de órgano colexiado no mesmo día, somentes se abonará o correspondente á indemnización pola asistencia a unha única sesión a de maior contía de indemnización.
b Indemnizacións por razóns de servizo: Serán de aplicación as reflectidas no R.D. 462/2002 de 24 de maio, correspondente ao Grupo I, actualizándose automaticamente na medida e contía en que sexa modificado o citado R.D. 462/2002 de 24 de maio, Polo que se refire á xustificación dos gastos efectivamente realizados igualmente será de aplicación o previsto na Bases de Execución presupostaria 51 do vixente orzamento municipal Expediente 512/2019. PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE DESEMPEÑO CON DEDICACIÓN EXCLUSIVA DO
CARGO DE ALCALDE PRESIDENTE E DETERMINACIÓN DE RETRIBUCIÓNS. ADOPCIÓN DE ACORDO.

1º.- Que o cargo de Alcalde Presidente do Concello de Xove se desempeñe en réxime de dedicación exclusiva, cunhas retribucións anuais de 14 pagas de 3.03230 € brutos cada unha , para un total bruto anual de 42.45224
€ trienios de antigidade excluídos, ditas pagas devengaranse mensualmente, correspondendo ós meses de xuño e decembro o abono das pagas extraordinarias; a contía das retribucións propostas axústanse ao disposto no art.
18 do Real Decreto Lexislativo 24/2018, de 21 de decembro, polo que se aprobaron medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público; sen prexuízo do abono da cantidade que proceda en concepto de antigidade pola miña condición de persoal laboral fixo do Concello de Burela.
Expediente 515/2019. PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE ASIGNACIÓN DE DOTACIÓNS ECONÓMICAS AOS
GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS. ADOPCIÓN DE ACORDO.
O abeiro do disposto no art. 73 da Lei 7/1985, do 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local o Pleno Municipal a aprobou:
A Fixase a asignación dunha dotación económica para Grupos Políticos da Corporación segundo o disposto no art. 73.3 da Lei 7/1985 de 2 de abril co seguinte desglose:

1.- Compoñente fixo para cada grupo político: 150 € anuais.

2.- Compoñente variable: 60 € ó mes por cada Concelleiro, é dicir, 720 € ó ano por cada concelleiro integrado no Grupo.

B O réxime xurídico, económico e de xestión das citadas asignación dos grupos políticos Municipais consonte ao disposto no citado art. 73 da Lei 7/1985, do 2 de abril e conforme ao sinalado na Base de Execución 51, letra e do vixente orzamento municipal , é o seguinte:
1º.- Cada grupo político deberá solicitar na Axencia Tributaria do Estado o número de identificación fiscal coa denominación de Grupo Municipal de no Concello de Xove 2º.- Deberá abrir unha conta bancaria a nome do grupo e baixo o devandito número de identificación fiscal 3º.- Nomear a un membro do grupo como autorizado para dispor dos fondos da conta bancaria e responsable da contabilidade do grupo, de efectuar as retencións tributarias que procedesen e dar cota da xestión económica para o efecto de xustificar o destino dos fondos conseguidos.
4º.- Cada grupo político deberá levar unha contabilidade específica dos seus gastos de funcionamento. O sistema contable deberá rexistrar todas as operacións de natureza económica, financeira e patrimonial realizadas polo grupo, de xeito que se permita tanto o seu rendemento como a verificación do correcto destino do gasto,e do pago efectivo do mesmo. Esta información porase a disposición do Pleno sempre que este llo pida.
5º.- A asignación percibida non será compatible co financiamento público ou privado para a mesma finalidade, nin aplicarse ao financiamento dos partidos políticos presentes na corporación municipal.

Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2019 29/07/2019 12:26:02
30/07/2019 08:00:00

Ao abeiro do disposto no art. 13.3 e 4 o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais o Concello Pleno aprobou:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2019

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions