Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 9 DE XULLO DE 2019

N.º 156

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE DATA 28 DE XUÑO DE 2019 POLA QUE SE DECLARAN
CADUCADAS VARIAS LISTAXES DE ASPIRANTES QUE PARTICIPARON EN PROCESOS SELECTIVOS NA
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS TEMPORAIS.
A Presidencia de Deputación de Lugo, o 28 de xuño de 2019, ditou a seguinte resolución:
A Administración Pública ten encomendadas múltiples e variadas funcións que levan a cabo empregados públicos de diferentes ámbitos profesionais.

Así mesmo, ao ser a Administración Pública a xestora dos intereses sociais xerais, os procedementos para o ingreso nela terán que respectar os principios de igualdade de todos os cidadáns no acceso aos postos convocados, a cuxo fin deberá darse a estes procesos a publicidade necesaria.
En definitiva, os procesos de acceso ao emprego público deben garantir os principios que se proclaman nos artigos 23.2 e 103.3 da Constitución.
Dende o ano 2007, na Deputación Provincial de Lugo, coa finalidade de facer compatible o cumprimento dos ditos principios, que deben rexer o proceso de acceso ao emprego publico, e a resposta áxil, máxime nestes momentos que se debe acreditar a prioridade e urxencia, ás necesidades de incorporar efectivos con carácter temporal para atender situación conxunturais, previa consulta e negociación cos representantes do persoal, aprobáronse e puxéronse en funcionamento uns criterios que permiten a formación de listas de substitucións con aspirantes que participaron en procesos selectivos para funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo que habendo superado as probas dos ditos procesos non resultaran seleccionados para o seu nomeamento como funcionarios de carreira ou contratados como persoal laboral fixo.
Co dito sistema deuse resposta ás necesidades da organización de mellorar a súa capacidade de resposta ás esixencias do servizo e de incrementar a eficiencia ao evitar a reiteración de procesos selectivos, innecesariamente, e así aforrar en procesos selectivos ad hoc para persoal interino ou contratado temporal; e tamén supuxo un beneficio para os aspirantes que aprobaron os distintos exercicios xa que non ven perdidos todos os esforzos de preparación do proceso selectivo e axuda a romper o circulo vicioso de que para traballar é necesario experiencia e de que si non se traballa non se pode adquirir.
Con todo a duración das citadas listas non pode ser longa pois podería entrar en conflito cos principios enunciados anteriormente, en particular o principio de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público, si as ditas listas de substitucións e acceso a emprego temporal e interino creasen unha bolsa de traballo que, sendo orixinariamente conxunturais, acabasen adquirindo notas de estruturalidade, en canto aos seus integrantes, xa que ademais supoñería a perda da oportunidade de renovar as competencias profesionais derivadas da incorporación de novos aspirantes con coñecementos máis actualizados, por ter cursado novas titulacións, en definitiva, con capacidades adquiridas a través dun sistema educativo, en permanente evolución.
Por outra banda cabe salientar que, ao terse producido nos últimos anos importantes modificacións na normativa legal que afecta ás Entidades Locais, resulta necesario asegurar que os aspirantes ao desempeño de determinado tipo de empregos públicos na Entidade provincial, nos que a actualización normativa é un requisito moi importante, están ao día nos novos requirimentos de coñecementos e saber facer derivados das citadas modificacións legais.
Por tal motivo, tanto nos criterios aprobados inicialmente, como nas modificacións e refundicións, aprobadas por resolución da Presidencia, de 29 de setembro do 2009 e de 25 de novembro do 2011, concretamente no punto 3º do texto vixente, establécese a duración da lista e período de permanencia na mesma co seguinte texto :
a Duración das Listas : Poderá darse por caducada una lista cando polo transcurso do tempo ou por outras
Anuncio publicado en: Num BOP 156 año 2019 08/07/2019 12:26:52
09/07/2019 08:00:00

A relevancia e incidencia social das funcións encomendadas á Administración Pública fai necesario dar resposta á esixencia de que os seus empregados, que deben levar adiante, no ámbito de execución e operativas, as citadas funcións públicas sexan os máis axeitados posibles e, para o dito fin, deben ser seleccionados conforme a procedementos rexidos polos principios de mérito e capacidade.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/07/2019

Page count13

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones