Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 147 venres, 28 de xuño de 2019

BOP de Lugo
LÁNCARA
Anuncio De conformidade co decreto de 27 de xuño faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e condutores de vehículo motobomba, no marco do Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Láncara para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural:
- Un xefe de brigada.
- Un peón condutor - Tres peóns - Tres condutores de VMB
A convocatoria e as bases aprobadas están colgadas na sede electrónica do Concello de Láncara na seguinte dirección http:/lancara.sedelectronica.gal.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte á data de publicación.

A Pobra de San Xiao Láncara, 27 de xuño de 2019.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.
R. 1872

Anuncio DECRETO NÚMERO 19005290 do 13/06/2019
Excma. Sra. Dona LARA MÉNDEZ LÓPEZ, Alcaldesa Presidenta do Excmo. Concello de Lugo, en funcións.
Visto o informe do Secretario Xeral do Pleno, de 24 de maio de 2019, relativo ao cesamento do persoal eventual con motivo das eleccións locais, así como o informe emitido polo Secretario Xeral do Pleno e pola Vicesecretaria, conformado e intervenido polo Interventor Xeral, de data 11 de xuño de 2019, relativo á situación dos cargos de Concelleiros/as e Alcaldía, tras a constitución da Corporación Municipal o próximo día 15 de xuño de 2019.
Tendo en conta o anterior e o disposto no artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e no uso das atribucións que me confiren os artigos 104.2 e 124.4 ñ da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:
Primeiro.- Cesar, con efectos do día 15 de xuño do 2019, a don JOSÉ ANTONIO ALMUIÑA SEOANE, DNI:
33557404 J, no cargo de ASISTENTE DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, que viña desempeñando en réxime de persoal eventual.
Segundo.- Notifíquese a presente resolución ao interesado, dependencias municipais afectadas e publíquese no Boletín Oficial da Provincia, coa indicación que ésta pon fin á vía administrativa e que contra ela pode interpoñer os seguintes recursos:
-Recurso potestativo de reposición previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo DUN MES, contado dende o día seguinte á recepción desta notificación.
-.Recurso contencioso administrativo, nun prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte á notificación da presente resolución, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, segundo a redacción dada pola disposición adiccional décimo cuarta da Lei Orgánica 19/2003 de 23 de decembro, de modificación da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial.
Cúmprase.
DECRETO NÚMERO 19005291 DO 13/06/2019
Excma. Sra. Dona LARA MÉNDEZ LÓPEZ, Alcaldesa Presidenta do Excmo. Concello de Lugo, en funcións.
Visto o informe do Secretario Xeral do Pleno, de 24 de maio de 2019, relativo ao cesamento do persoal eventual con motivo das eleccións locais, así como o informe emitido polo Secretario Xeral do Pleno e pola Vicesecretaria,
Anuncio publicado en: Num BOP 147 año 2019 27/06/2019 12:13:29
28/06/2019 08:00:00

LUGO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/06/2019

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions