Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 132 martes, 11 de xuño de 2019

BOP Lugo
Concluídas as probas, elevarase ao órgano competente proposta de candidato para a formalización do contrato, que en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contravenga o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.
Formalizado o contrato deberase comunicar á oficina pública de emprego que corresponda, no prazo do dez días seguintes á súa concertación; así mesmo, deberase informar á representación legal dos traballadores, mediante entrega dunha copia básica do contrato celebrado.
Até que se formalice os contrato e se incorpore ao posto de traballo correspondente, os aspirantes non terán dereito a percepción económica algunha.
10. INCIDENCIAS
As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social.

No non previsto nas bases, será de aplicación do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado aprobado polo Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo; o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local; o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril; a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; e o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro.
ANEXO I
1.A Constitución Española de 1978. Principios constitucionais. Dereitos e deberes fundamentais. Garantías legais, xurisdicionais e institucionais.
2.A Coroa. Os poderes do Estado: a división de poderes.
3.A Administración Pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración Pública.
Clases de Administracións públicas.
4.O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e estrutura.
5.Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. Sometemento da administración á lei e o dereito. Fontes do dereito público.
6.O acto administrativo: Concepto, clases e elementos. Validez dos actos administrativos. Execución dos actos administrativos.
7.O procedemento administrativo: principios xerais e fases do procedemento administrativo.
8.Recursos administrativos: concepto e clases. Recurso Contencioso administrativo.
9.O Réxime Local español. Entidades que configuran a Administración Local española. Autonomía das entidades locais de acordo coa Constitución.
10.O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Breve referencia á Provincia. Organización e competencias.
11.Organización municipal. Competencias.
12.Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificación de acordos.
13.Outras entidades locais. Comarcas, Mancomunidades, Áreas metropolitanas. Agrupacións. Entidades locais de ámbito inferior ó municipio.
14.Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
15.A función pública local. O persoal ó servizo do Concello e a súa clasificación.
16.Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O
procedemento disciplinario.

Anuncio publicado en: Num BOP 123 año 2019 10/06/2019 13:52:17
132
11/06/2019 08:00:00

Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en Galicia, a partir do día seguinte ao de publicación do seu anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición ContenciosoAdministrativa.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/06/2019

Page count11

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions