Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 129 venres, 7 de xuño de 2019

BOP Lugo
Poderán solicitar praza no PAI dependente do Concello os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3
meses e os 3 anos.
CAPÍTULO IV.-SISTEMA DE ADMISIÓN.
Artigo 7.- SOLICITUDES DE INGRESO
As solicitudes de novo ingreso facilitaranse no PAI e presentaranse directamente no mesmo centro, debendo achegar xunto coas solicitudes a seguinte documentación:
1. Documentación xustificativa da situación familiar:
aLibro de Familia onde apareza o neno ou nena a ingresar no PAI.
bFotocopia do DNI ou pasaporte dos pais ou titores/as ou representantes legais.
2.-Documentación complementaria:
aFotocopia do Carné de vacinación actualizado, con carácter voluntario.
bFotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou documento equivalente. cCatro fotografías tamaño carné.
dAutorización por escrito das persoas que poden recoller ó neno ou nena.
eAutorización dos pais para o uso da imaxe persoal do seu fillo ou filla.
fInforme dos pais, nais ou titores no caso de que o menor manifeste algún tipo de alerxia alimenticia lactosa, gluten, etc. e física a materias como ceras, pinturas, tecidos, etc..

aInforme dos equipos de valoración e orientación dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ou órgano competente na materia na Administración do Estado ou nas correspondentes comunidades autónomas sobre o grao de discapacidade e a súa necesidade de integración no caso de nenos e nenas con discapacidades.
bInforme dos servizos do Concello sobre a inclusión da familia do neno e nena nos programas de intervención familiar da Consellería de Sanidade ou da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, que veñan desenvolvendo os devanditos servizos sociais do Concello.
cTítulo de familia numerosa.
dCalquera outro que dea constancia da especial situación familiar.
Artigo 8.- SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA.
Os pais, nais e titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas matriculados e con praza no PAI
presentarán a solicitude de reserva de praza no PAI, no que se lle facilitará o correspondente impreso.
Os nenos e nenas que fosen admitidos/as, terán garantido o acceso ós novos cursos do mesmo ciclo sen necesidade dun proceso de admisión.
Artigo 9.- CONCESIÓN DO INGRESO.
A concesión do ingreso no PAI quedará sempre supeditada ó número de prazas vacantes,comenzando polas solicitudes presentadas en primeiro lugar.
As prazas adxudicaranse no seguinte orde:
a Renovación de praza.
1.-Os nenos/as escolarizados/as durante o curso anterior terán dereito á renovación automática da súa praza.
2.-As persoas usuarias só poderán variar o horario establecido na solicitude, de haber prazas vacantes no horario solicitado.
b Novo ingreso. As prazas adxudicaranse polo seguinte orde:
1. Os/as fillos/as do persoal que preste servizo no P.A.I., cando soliciten praza para o centro onde preste servizo a nai, o pai ou titor/a legal.
2. As persoas solicitantes con irmán ou irmá con praza no centro.
3. A selección do resto das solicitudes efectuarase en función por orde de presentación de ditas solicitudes.
4. Cando un irmán ou irmá do solicitante teña praza renovada no centro, o neno/a será admitido automaticamente sempre que exista vacante.
Os admitidos recibirán notificación por escrito da resolución e disporán dun prazo de 10 días para confirmar a praza.

Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2019 06/06/2019 08:47:05
07/06/2019 08:00:00

3.-Outros documentos, se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas ou sociais que inflúan na admisión dos nenos e nenas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/06/2019

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions