Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

10

Núm. 129 venres, 7 de xuño de 2019

BOP Lugo
eProxecto Educativo do Centro a disposición dos pais, nais ou titores/as e representantes legais.
fLibro de Rexistro de Usuarios.
gExpediente individual.
DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS
Para o non previsto neste regulamento estarase ó exposto na Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, na Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, e regulamentos que a desenvolven, e na Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia, Lei 3/2011 de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia DOG nº 134, do 13 de xullo, e demais normativa autonómica de protección da familia, infancia e menores; ademais do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
ANEXO I
ORDENANZA REGULADORA DA TAXA DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE LOURENZÁ
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
O abeiro do previsto nos artigos 58 e 20.3 da Lei 39/1998, de 28 de decembro, reguladora das Fachendas Locais, de conformidade co que se dispón nos artigos 15 a 19 do referido texto legal, o Concello de Lourenzá establece a taxa pola presentación do servizo de Punto de Atención á Infancia que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a estancia ou asistencia dos usuarios dos servizos do punto de atención á infancia deste Concello de Lourenzá.

Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten os servizos para as persoas beneficiarias dos mesmos.
Artigo 4º.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias tódalas persoas que sexan causantes dunha infracción tributaria ou que colaboren na súa comisión.
2.- As responsabilidades esixiranse en todo caso nos termos e de acordo co procedemento previsto na Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º.- Cota tributaria.
As cotas a satisfacer por esta taxa obteranse de aplicación das tarifas contidas no apartado seguinte.
Artigo 6º.- Cotas.
6.1. Tarifas en horario ordinario.
As tarifas quedarían fixadas da seguinte maneira:
PREZO HORA
2 HORAS DIARIAS DE
3 HORAS DIARIAS DE
4 HORAS DIARIAS DE
5 HORAS DIARIAS DE
6 HORAS DIARIAS DE
8 HORAS DIARIAS DE
BONO DE 10 HORAS
BONO DE 20 HORAS

LUNS
LUNS
LUNS
LUNS
LUNS
LUNS

A
A A
A A
A

VENRES
VENRES
VENRES
VENRES
VENRES
VENRES

3,65 Euros 40,60 Euros/mes 60,39 Euros/mes 79,19 Euros/mes 97,48 Euros/mes 115,67 Euros/mes 134,02 Euros/mes 24,37 Euros 47,71 Euros
Artigo 7º.- Beneficios fiscais.
A.-Bonificacións:
a20% no caso de nenos e nenas que pertenzan a unha familia numerosa.
b20 % no caso de nenos e nenas que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.
c20 % no caso de asistencia dalgún irmán ó mesmo centro de atención á primeira infancia e 30% no caso de parto múltiple.
d50% no caso de ingreso despois do día 15 do mes.
Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2019 06/06/2019 08:47:05
07/06/2019 08:00:00

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/06/2019

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions