Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

26

Núm. 125 luns, 3 de xuño de 2019

BOP Lugo
R. 1568

QUIROGA
Anuncio MODIFICACIÓN BONIFICACIÓNS ORDENANZAS IBI E IAE
Por acordo do Pleno de data 16 de xuño de 2019, aprobouse a modificación das bonificacións das ordenanzas fiscais reguladoras do Imposto sobre Bens Inmobles e do Imposto sobre Actividades Económicas.
Procédese a publicación integra no BOP da modificación efectuada, segundo o art. 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei Reguladora das Facendas Locais.
No, non modificado, mantense en vigor o texto de ditas ordenanzas.
Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles Artigo 9. Bonificacións.
8. Bonificación de ata o 95% da cota íntegra do IBI para os inmobles que sexan declarados de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, aplicando a seguinte gradación da porcentaxe da bonificación:
O 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo.
O 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
O 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas Artigo 6. Bonficacións.
Bonificación de ata o 95% da cota íntegra do IAE para as actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, aplicando a seguinte gradación da porcentaxe da bonificación:
O 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo.
O 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
O 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
Quiroga, 27 de maio de 2019.- O Alcalde, Julio Álvarez Núñez.
R. 1532

RIOTORTO
Anuncio Pola Comisión Especial de Contas deste Concello en sesión celebrada o día 20 de maio de 2019, informouse favorablemente a Conta Xeral da Entidade correspondente a 2018.
Así mesmo se acordou expoñer a citada Conta e o informe, ao público por prazo de quince días hábiles a contar dende o seguinte o da súa inserción deste Edicto no B.O.P e no Taboleiro de Anuncios deste Concello.
Durante ese período e oito días máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos e observacións que estimen oportunos.
No suposto de non se presentar reclamacións, reparos ou observacións a esta, esta será sometida ao Pleno ao obxecto da súa aprobación, todo iso de conformidade co disposto nos artigos 212.3 e 212.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de Marzo, e 116 da Lei 7/85, do 2 de Abril, de Bases de Réxime Local e 50 da Instrución do Modelo Simplificado de Contabilidade Local, aprobado por Orde HAP/1782/2013 do 20 de Setembro.
Riotorto, 27 de maio de 2019.-O Alcalde, Clemente Iglesias González.
R. 1533

Anuncio publicado en: Num BOP 125 año 2019 31/05/2019 14:27:49
03/06/2019 08:00:00

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/06/2019

Page count27

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions