Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

18

Núm. 124 sábado, 1 de xuño de 2019

BOP Lugo
PARADELA
Anuncio APROBACIÓN INICIAL EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 10/2019, SEGUNDO NA MODALIDADE DE
SUPLEMENTO DE CRÉDITO PARA A APLICACIÓN DO SUPERÁVIT ORZAMENTARIO PARA INVESTIMENTOS
FINANCEIRAMENTE SOSTIBLES.
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o 22 de maio de 2019, o expediente de modificación de créditos nº 10/2019, segundo na modalidade de suplemento de crédito para a aplicación do superávit orzamentario para investimentos financeiramente sostibles, en cumprimento do que se dispón no artigo 169.1 por remisión do 177.2 do Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente a exposición pública polo prazo de quince días contados dende o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De conformidade co acordo adoptado, a modificación de crédito considerarase definitivamente aprobada, se durante o citado prazo non se presentan reclamacións.
Paradela, 23 de maio de 2019.- O Alcalde-Presidente, José Manuel Mato Díaz.
R. 1519

TRABADA
Anuncio Aprobado por Decreto da Alcaldía Nº 126 / 2019 do 29 de maio o padrón da Taxa polo servizo de subministro domiciliario de auga potable no que se inclúe o canon da auga 1º bimestre do ano 2019, se expón ao público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo:
Recursos: Contra o acordo da aprobación do padrón se poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes contado dende o día inmediato seguinte ó do término do periodo de exposición ó público do padrón.
Órgano ante o que se recorre: Alcaldía do Concello de Trabada.
Contra a resolución expresa ou presenta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurísdicción.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos serán cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como periodo de cobro voluntario o prazo de dous meses, contados a partir do periódo de exposición pública. Finalizado o exercicio pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento ,cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública,Lei Xeral Tributaria,a a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma.Deputación Provincial de Lugo.
No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa asixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público do padrón e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Trabada, 29 de maio de 2019.- A Alcaldesa en funcións, Mayra Garcia Bermúdez.
R.1590

O VALADOURO
Anuncio APROBACIÓN PADRÓN DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE XIMNASIO MUNICIPAL DO
CONCELLO DE O VALADOURO DO MES DE NOVEMBRO DE 2018.

Anuncio publicado en: Num BOP 124 año 2019 31/05/2019 12:00:52
01/06/2019 08:00:00

INFORMACION PÚBLICA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/06/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions