Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 100 venres, 3 de maio de 2019

BOP de Lugo
CONCELLOS
GUNTÍN
Anuncio Por acordo plenario de 28 de decembro de 2018 no que se aproba declarar, entre outros, os seguintes sectores/actividades/servizos no Concello de Guntín para o ano 2019, nos que excepcionalmente, poderase proceder á contratacións de persoal laboral temporal para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, co seguinte detalle:
- P.A.I: persoal necesario para a posta en funcionamento do servizo - Considerase esencial, aínda non sendo competencia propia dos municipios, segundo o artigo 25 da LBRL.
Permite/fomenta a conciliación da vida familiar coa laboral das mulleres traballadoras do municipio.
- Considerase esencial, previa autorización da Comunidade Autónoma.
Por Resolución da Alcaldía 0103 de data 25 de abril de 2019, en canto as bases xerais e específicas para a provisión das citadas prazas, resolveuse:
1.- Aprobar as seguintes Bases, das cales se adxunta copias:
- Bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de Persoal Laboral Fixo Interino, ata a cobertura definitiva da praza e condicionado á efectiva continuidade do servizo, no PAI do Concello de Guntín de nova creación.

- Bases específicas polas que se establecen as normas para a selección de persoal laboral fixo interino ata a cobertura definitiva da praza e condicionado á efectiva continuidade do servizo, a través do sistema de concurso-oposición, para prestar servicios no PAI do Concello de Guntín de nova creación. Denominación do posto: persoal de apoio no PAI.
2.- Publicación do extracto das mesmas no DOGA, BOP e BOE.
3.- Ordenar a publicación da presente convocatoria e das Bases no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Entidade e na súa páxina web www.guntin.es, e o extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia DOGA e no Boletín Oficial do Estado BOE
BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO
INTERINO ATA A COBERTURA DEFINITIVA DA PRAZA E CONDICIONADO A EFECTIVA CONTINUIDADE DO
SERVIZO, NO PAI DO CONCELLO DE GUNTIN DE NOVA CREACIÓN.
1. OBXECTO.
As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección de carácter temporal a prazas para prestar servizos no do Concello de GUNTÍN. Estas bases xerais serán complementadas coas bases específicas que corresponda.
2. ÁMBITO DOS PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN L E RÉXIME XURÍDICO.
As presentes bases rexeran os procesos selectivos para o acceso:
Á condición de contratado laboral temporal, nos supostos previstos no artigo 11 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, mediante contrato de interinidade ou calquera outra modalidade contractual diferente á sinalada anteriormente, de acordo coa lexislación laboral.
3. FUNCIÓNS.
As funcións a realizar nas prazas que se convocan serán as que se sinalen nas correspondentes Bases Específicas.
4. PUBLICACIÓN.
As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Entidade e na súa páxina web www.guntin.es, e o extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia DOGA e no Boletín Oficial do Estado BOE
5. NORMAS DE APLICACIÓN.
Serán de aplicación o RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no que
Anuncio publicado en: Num BOP 100 año 2019 02/05/2019 14:09:49
03/05/2019 08:00:00

- Bases específicas polas que se establecen as normas para a selección de persoal laboral fixo interino ata a cobertura definitiva da praza e condicionado a efectiva continuidade do servizo, a través do sistema de concurso-oposición, para prestar servicios no PAI do Concello de Guntín de nova creación. Denominación da praza: Técnico de Atención á Infancia do PAI.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/05/2019

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions